Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Nota de prensa

As axudas para realizar masteres gratuítos para desempregados que cobren o desemprego poderanse solicitar ata o 16 de novembro

30 de outubro de 2009

  • Poden optar a elas titulados universitarios de entre 25 e 40 anos que cumpran estes requisitos e que dispoñan dunha titulación que lles permita realizar un master nunha universidade española, independentemente da súa nacionalidade

 

Solicitar as axudas

 

O Ministerio de Educación ampliou ata o vindeiro 16 de novembro o prazo para que titulados universitarios que se encontren desempregados e estean percibindo o subsidio poidan solicitar unha axuda para financiar a matrícula nun máster oficial cursado nunha universidade pública.

As axudas diríxense a titulados universitarios de entre 25 e 40 anos que cumpran os requisitos e que dispoñan dunha titulación que lles permita realizar un master nunha universidade española, independentemente da súa nacionalidade.

As axudas cobren o prezo da matrícula, e poden solicitarse para calquera máster oficial de universidade pública, tanto dun como de dous anos.

O obxectivo destas axudas é a mellora da formación académica das persoas desempregadas, co fin de favorecer as oportunidades de reincorporación ao emprego. Neste sentido, os másters oficiais ofrecen unha formación avanzada, de carácter especializado ou multidisciplinar, que resulta especialmente axeitada para facilitar a reciclaxe profesional.

A medida, anunciada polo presidente do Goberno no último debate do Estado da Nación, conta cun orzamento de 70 millóns de euros: 49 millóns correspondentes á convocatoria publicada hoxe e 21M € que proximamente se distribuirán entre as CCAA para potenciar a formación de titulados desempregados mediante a oferta propia das Universidades que sexa considerada estratéxica para o desenvolvemento económico de cada Comunidade.

Os desempregados que desexen estudar un máster deberán presentar, no momento de matricularse na Universidade, a solicitude da axuda (dispoñible en www.educacion.gob.es), así como documentación acreditativa de encontrarse en situación legal de desemprego e ter recoñecido o dereito a percibir prestación ou subsidio de desemprego no momento de formalizar a matrícula.

Quen soliciten a axuda e cumpran os requisitos poderán formalizar a súa matrícula sen o previo pagamento dos prezos públicos por servizos académicos. Unha vez resoltas as solicitudes, o ministerio aboará ás universidades os custos da matrícula dos estudantes beneficiarios.

Se o alumno abandona os estudos deberá reintegrar o importe da matrícula, se non é que o abandono se deba a que encontrou traballo.

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles