O Goberno aprobou o Real decreto de Ordenación das artísticas
O Consello de Ministros aprobou hoxe o real Decreto de ordenación das ensinanzas artísticas superiores que permite a plena e efectiva incorporación destes estudos ao Espazo Europeo de Educación Superior, que comparten cos estudos universitarios e a Formación Profesional de Grao Superior.
Desta maneira, do mesmo xeito que acontece cos ensinos universitarios, os alumnos que cursen ensinanzas artísticas superiores obterán o título de Graduado en Música, Danza, Arte Dramática, Conservación e Restauración de Bens Culturais, Deseño ou Artes Plásticas.
Ademais, o Real decreto regula as ensinanzas artísticas en tres ciclos, de maneira que as escolas superiores poderán ofrecerán as ensinanzas de Grado, de Máster en ensinanzas artísticas (posgrao) e estudos de Doutoramento (en colaboración coas Universidades), e establece as directrices para o deseño dos títulos correspondentes e, se é o caso, o procedemento para a verificación e acreditación dos mesmos.
Por outra banda, a incorporación das ensinanzas artísticas ao Espazo Europeo de Educación Superior, tal e como prevé a LOE, permite a incorporación ao sistema de créditos ECTS, comúns para toda Europa, e a expedición do Suplemento Europeo ao Título a fin de promover a mobilidade de estudantes e titulados españois no espazo europeo do ensino superior.
Para a elaboración do Real decreto, o Ministerio de Educación contou coa participación das Comunidades Autónomas, o Consello Superior de Ensinanzas Artísticas, o Consello de Universidades e os Ministerios de Política Territorial e de Presidencia.
Plans de estudo
Os plans de estudos dos Graos terán 240 créditos ECTS, que conterán a formación teórica e práctica que o estudante deba adquirir: materias de formación básica do seu ámbito, materias obrigatorias e optativas, seminarios, prácticas externas, traballos dirixidos, traballo de fin de Grado e outras actividades formativas.
Pola súa banda, os plans de estudo do Máster en ensinanzas artísticas terán entre 60 e 120 créditos e teñen como finalidade a adquisición por parte do estudante dunha formación avanzada, de carácter especializado ou multidisciplinar, orientada á especialización académica ou profesional ou á iniciación de tarefas investigadoras.
Ademais, os Graduados en calquera das ensinanzas artísticas superiores terán acceso aos ensinos universitarios de Máster e de Doutoramento.
Suplemento Europeo ao Título
O título de Graduado irá acompañado do Suplemento Europeo ao Título, o que facilitará a moviliadd e o intercambio entre estudantes e traballadores. Trátase do documento que acompaña a cada un dos títulos de educación superior de carácter oficial coa información unificada, personalizada para cada titulado superior, sobre os estudos cursados, os resultados obtidos, as capacidades profesionais adquiridas e o nivel de titulación no sistema nacional de educación superior.
Avaliación e acreditación da oferta
Por último, o Real decreto de Ordenación das Ensinanzas Artísticas dispón que serán a ANECA e os órganos de avaliación das Comunidades Autónomas as que establezan as medidas necesarias para diferenciar a oferta das ensinanzas artísticas superiores cos ensinos universitarios de ámbitos disciplinares coincidentes cos títulos de Grao en música, danza, arte dramática, conservación e restauración de bens culturais, deseño e artes plásticas.