Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Comunicado

Comunicado do Ministerio de Educación

23 de outubro de 2009

Ante a solicitude exposta por algúns colectivos de Medicina e Arquitectura sobre o recoñecemento do título de Máster como instrumento necesario para poder desempeñar ambas as dúas profesións, o Ministerio de Educación manifesta:

1. O Ministerio de Educación reuniuse nas últimas semanas con todos os representantes de ambos os dous colectivos que o solicitaron de maneira formal.

2. O Ministerio de Educación realizou propostas concretas aos colectivos relacionados coas ensinanzas de Medicina e Arquitectura para atender as súas demandas.

a) Para a titulación de Medicina:

  • Própónse o deseño de títulos de Máster de 60 créditos en que figuran competencias a recoñecer desde o título de Grao.
  • A parte que necesariamente ten que cursar o estudante do Máster débese deducir dun estudo rigoroso das competencias establecidas.
  • Incluiríanse as competencias relacionadas co inicio á investigación.
  • Solicitarase ao Ministerio de Sanidade o recoñecemento deste Máster na puntuación de acceso á MIR.

b) Para a titulación de Arquitectura:

  • Própónse o deseño de títulos de Máster de 60 créditos en que figuran competencias a recoñecer desde o título de Grao.
  • A parte que necesariamente ten que cursar o estudante do Máster débese deducir dun estudo rigoroso das competencias establecidas
  • Consideración especial co Proxecto Fin de Grado.

3. As propostas expostas polo Ministerio foron aceptado polos asistentes ás reunións e acordouse seguir traballando na solución ás demandas expostas. No caso de Medicina acórdase ademais crear unha comisión de expertos para que analicen as competencias adquiridas nos títulos de Grao que se corresponden con competencias de nivel de Máster. A Comisión constituiríase con dous membros propostos por Decanos e Reitor e dous propostos polo Ministerio. Ao final da reunión informouse de tratádoo a todos os colectivos implicados. No caso de Arquitectura a concreción dos creditos a cursar realizaríase coa colaboración de representantes da parte academica e profesional implicada.

4. O Ministerio de Educación reitera a súa disposición a seguir dialogando e avanzando na busca de solucións ás demandas destes colectivos.

Por outra banda, na mañá de hoxe, o secretario xeral de Universidades, Màrius Rubiralta, o director xeral de Universidades, Felipe Pétriz e a directora de gabinete do ministro de Educación, Isabel Aymerich, recibiron na sede do Ministerio ao representante dos estudantes de Arquitectura e Medicina Miguel Ibáñez (vicepresidente de CREARQ), e ao representante do Foro da Profesión Médica Patricio Martínez (secretario xeral da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos).

Na reunión os representantes dos colectivos de Arquitectura e Medicina entregaron dous escritos e o secretario xeral de Universidades expuxólles o traballo que se veu desenvolvendo ata o momento e reiteroúlles unha vez máis a proposta do Ministerio de Educación e a súa disposición ao diálogo. As partes acordaron continuar analizando a proposta do Ministerio e encontrar unha solución satisfactoria para todos antes de Nadal.

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles