Segundo anunciou Eva Almunia na Comisión Xeral de Educación
A secretaria de Estado de Educación e Formación Profesional, Eva Almunia, presidiu hoxe en Santander a Comisión Xeral de Educación que reúne o Ministerio e as Comunidades Autónomas, en que se informou sobre a posta en marcha de dous novos programas de mobilidade europea e fomento do multilingüsimo entre os alumnos de Secundaria e o profesorado.
Un novo Erasmus para Secundaria e para profesores
Así, a partir do próximo curso 2010-11, nace un novo proxecto de mobilidade para o alumnado de centros que participen no programa Comenius, que promove o intercambio entre institutos de todo Europa. O novo programa, que se enmarca no Programa de Aprendizaxe Permanente da Unión Europea permitirá a un total de 231 alumnos de Secundaria a partir de 14 anos estudar entre tres e dez meses noutro país europeo, residindo en familias de acollida. Desta maneira, o programa resulta totalmente gratuíto para as familias, xa que o alumno recibirá ademais unha axuda mensual para os gastos de material escolar, libros e transporte local.
A convocatoria está aberta aos centros escolares dos 13 países que desenvolveron ou están desenvolvendo unha asociación escolar Comenius: Austria, Bélxica de fala alemá, República Checa, Dinamarca, Estonia, Finalndia, Francia, Italia, Letonia, Luxemburgo, Noruega, España e Suecia.
Neste sentido, a Secretaria de Estado destacou que "en pleno século XXI, os idiomas, as novas tecnoloxías e os valores cidadáns conforman o pasaporte imprescindible dos mozos. E propuxémosnos darlles resposta antes de que acabe esta primeira década do século. Para iso cómpre fomentar o interese polos idiomas dos alumnos, mellorar a formación do profesorado e implicar os centros na participación neste tipo de proxectos".
Do mesmo xeito, a Comisión Xeral consensuou a posta en marcha este mesmo curso 2009/10 dun novo programa de estancias profesionais e intercambio en colaboración con Francia, Alemaña e o Reino Unido.
O programa prevé que 100 docentes españois, principalmente de centros que desenvolvan un programa de bilingüismo, realicen unha estancia de entre dous e catro semanas nun centro educativo doutro país europeo. Así mesmo, poderán recibir ao seu homólogo estranxeiro durante un período similar.
Desta maneira, foméntase o intercambio cultural, a aprendizaxe de novas prácticas educativas e a mellora da competencia en idiomas do profesorado español. Ademais, como destacou Eva Almunia, "o intercambio entre profesores europeos supón un enriquecemento da educación e facilita a formación en idiomas do profesorado e dos alumnos, grazas ás estancias de profesores nativos nas nosas aulas".
Impulso ás ensinanzas deportivas e ao máster de Secundaria
Por outra banda, a Comisión Xeral de Educación aprobou o proxecto de Real decreto que regulará o título de técnico deportivo en Espeleoloxía, o primeiro título de ensinanzas deportivas que o Goberno vai aprobar e que será equivalente a un ciclo formativo de grao superior.
A LOE incopora por primeira vez nunha lei educativa as ensinanzas deportivas, co fin de mellorar a calidade do seu ensino e de mellorar a cualificicación dos profesionais do ámbito deportivo.
Así mesmo, a Comisión Xeral deu luz verde ás normas que fixan as 11 medidas de flexibilización do máster de Secundarias aprobadas polo Consello de Universidades e da Conferencia Xeral de Política Universitaria, axeitadas á actual situación económica.
Así, os participantes na 2ª convocatoria (xaneiro), poderán acceder condicionalmente ás oposicións para as prazas de profesor de Secundaria que se convoquen antes de finalizar o curso e deberán acreditar a súa titulación do máster antes da resolución das mesmas. Ademais, redúcese o requisito de presencialidad ao 65% dos créditos totais e o dominio dunha lingua estranxeira, equivalente ao nivel B1 europeo, deberá realizarse ao obter a acreditación e non ao inicio do curso. Así mesmo, a selección de centros e recoñecementos de titores para as prácticas do máster puiden iniciarse en calquera das dúas datas previstas, é dicir, outubro ou xaneiro.