"L´Oréal Impulsa" ofrece 24 bolsas a estudantes de Imaxe Persoal
O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, e o presidente de L´Oréal España, Luis del Valle, asinaron hoxe un convenio para fomentar o programa de bolsas "L´Oréal Impulsa" para estudantes de Formación Profesional relacionados coa familia profesional de Imaxe Persoal.
"L´Oréal Impulsa" conta con 9 bolsas en 2009 a que se lle sumarán outras 15 bolsas para o próximo curso, destinadas a mozos que abandonen ou estean en risco de abandonar de forma prematura o sistema educativo. O seu obxectivo é incentivarlles para que poidan continuar os seus estudos realizando un Ciclo de Formación Profesional de Grao Medio de Imaxe Persoal.
Os beneficiarios destas bolsas reciben unha axuda de 350 euros mensuais durante os 2 anos de duración dos estudos. Ademais se lles financian os gastos educativos derivados do curso e os materiais didácticos.
A estas axudas poden optar mozos españois ou residentes de máis de 16 anos que teñan o título de ESO, superen a proba de acceso a Ciclos de FP de Grao Medio ou que superen os módulos obrigatorios dun Programa de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) da Familia Profesional de Imaxe Persoal.
Impulso á FP
O acordo subscrito vincula de forma directa á Formación Profesional co sector privado. Isto supón un importante paso adiante no camiño que este tipo de formación está percorrendo para dar respostas ás necesidades da sociedade, dos estudantes e dos sectores produtivos.
Este tipo de acordos fomentará que cada vez a Formación Profesional responda máis e mellor á realidade do sector privado e dea novas ferramentas aos mozos para desenvolverse no ámbito laboral.
O Ministerio de Educación realiza un importante esforzo por impulsar a Formación Profesional xa que considera que é fundamental no proceso de cambio de modelo produtivo. De feita mañá 22 de setembro SS.MM. os Reis de España Don Juan Carlos e Dona Sofía inaugurarán o curso de FP xunto ao ministro de Educación, Ángel Gabilondo.
Neste sentido cómpre destacar que no curso 2009-2010 o número de estudantes de Formación Profesional incrementouse nun 6%.