Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Nota de prensa

Informe sobre o inicio de curso

04 de setembro de 2009

O Consello de Ministros recibiu un Informe do Ministro de Educación coas novidades e os aspectos máis destacados deste curso escolar 2009-2010, o primeiro en que a Lei Orgánica de Educación aplícase xa en todos e cada un dos cursos.

As principais novidades son as seguintes:

  • Aumento do número de alumnos, profesores, centros e do financiamento. Cómpre destacar que 7,6 millóns de mozos empezan este curso escolar 2009-2010, un 2,6 por cento máis que o anterior.
  • Introdución definitiva das novas tecnoloxías e de novos métodos pedagóxicos para ensinar e para aprender. Este curso empeza xa o desenvolvemento do Programa Escola 2.0 co obxectivo de que de aquí a catro anos (período 2009-2012) os alumnos e profesores de 5 e 6 de primaria e de 1º e 2º de Secundaria estean dotados dun ordenador portátil, dispoñan de materiais didácticos electrónicos e estuden en aulas completamente dixitalizadas. Este mesmo mes de setembro máis de 7.100 alumnos empezarán con este programa que se estenderá ao lardo do curso a 392.000 mozos de 14.400 aulas.
  • Mellores bolsas para máis mozos: o orzamento neste apartado é de 1.454 millóns de euros, 187 máis que o ano pasado, que chegarán a 1,68 millóns de alumnos, 80.000 máis que o ano anterior. A principal novidade nas modalidades de bolsas constitúea a creación do compoñente de mantemento para o alumnado que curse o segundo ano dos Programas de Cualificación Profesional Inicial cun axeitado aproveitamento académico. A súa contía ascende a 1.350 euros, abonada en dous prazos. O segundo prazo aboarase tras a segunda avaliación e a súa percepción queda suxeita á certificación por parte do titor de que o alumno acreditou o suficiente aproveitamento académico
  • O investimento público en educación segue en alza. En 2009 supón un 4,95 por cento do PIB, o que supón un incremento de 15.000 millóns de euros en investimento público desde 2004.
  • Un sistema que esixe máis a todos os que están implicados nel. Ás administracións educativas e responsables políticos, que deben dar máis alternativas e oportunidades de éxito aos estudantes. Aos profesores, a que se lles pide unha maior preparación coa implantación do novo máster para profesores de secundaria que empeza o próximo mes de outubro. E por suposto aos estudantes, cun sistema que incentiva a súa responsabilidade e o seu esforzo individual.
  • Esta cultura do esforzo ten o seu reflexo nunha cultura da avaliación do sistema. O curso pasado realizouse por primeira vez a avaliación xeral de diagnóstico en educación primaria en materias como matemáticas, lectura, lingua e ciencias. Este curso, realizarase, por primeira vez, esta mesma avaliación en segundo curso de ESO.
  • Un sistema educativo con máis iniciativas destinadas a facilitar a inserción laboral como as seguintes: a reforma da Formación Profesional, o desenvolvemento do procedemento para o recoñecemento das competencias profesionais; a creación dun portal para a orientación profesional para mellorar a información sobre itinerarios formativos; a consolidación dos Programas de Cualificación Profesional Inicial; a actualización do Catálogo de Títulos de FP e a creación da plataforma de formación profesional a distancia
  • Neste curso continúa a aplicación do Plan Educa3 para o impulso da educación infantil de 0 a 3 anos e o financiamento do ciclo de 3 a 6 para asegurar que todos os nenos desa idade teñen asegurada unha praza pública gratuíta.
  • Outra das principais novidades do curso é o novo modelo de Acceso á Universidade. O alumnado que acabe bacharelato deberá presentarse a nova proba, que cosnta de dúas fases, unha xeral para todo o alumnado e outra específica para os que queiran subir nota. Esta nova proba de acceso pretende valorar de forma máis obxectiva a madurez académica, recoñecer o esforzo ao dar posibilidade a que estude máis de mellorar a súa cualificación.
  • Cabe tamén sinalar a modernización das ensinanzas artísticas superiores. Os seus novos currículos responderán aos criterios do Espazo Europeo de Educación Superior, con créditos ECTS, estrutura cíclica e un suplemento ao título que facilitará a mobilidade dos titulados entre as institucións de educación superior, así como o recoñecemento dos seus títulos.


Ceuta e Melilla


A paulatina posta en marcha de novos proxectos, como a Escola 2.0 traerá un incremento significativo de recursos materiais para os centros educativos das dúas cidades autónomas coa dotación de ordenadores a todos os alumnos matriculados en 5º curso de Educación Primaria dos centros sostidos con fondos públicos.

Así mesmo, incrementaranse en ambas as dúas cidades o número de profesores e de orientadores e de prazas de educación infantil.

 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles