A competición celebrarase do 1 ao 7 de setembro en Calgary (Canadá)
O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, desexou os mellores resultados posibles á delegación española que vai participar na cuadraxésima competición internacional WorldSkills (Olimpíadas da Formación Profesional) que van celebrarse do 1 ao 7 de setembro en Calgary (Canadá).
O ministro parolou coas 16 mozas e mozos de diferentes especialidades de Formación Profesional, que forman parte do equipo de España. Gabilondo deúlles ánimos e auguroúlles o mellor dos resultados. Todos eles foron os gañadores nas súas respectivas especialidades nas Olimpíadas Nacionais de Formación Profesional que se celebraron en Madrid o pasado mes de abril. Viaxan acompañados polos seus líderes de equipo e unha representación do Ministerio de Educación.
O Ministerio de Educación figura como socio das organizacións "Euroskills" e "Worldskills", que teñen como obxectivo a difusión, a promoción de boas prácticas e a excelencia en Formación Profesional. En anos alternativos celébranse competicións a nivel mundial (WorldSkills) e europeo (EuroSkills).
Esta edición de WorldSkills contará con 900 participantes de 51 países en 45 especialidades distintas de Formación Profesional. España participa en Ebanistaría, Carpintaría, Estética, Soporte de Rede, Instalacións Eléctricas, Tecnoloxía do Automóbil, Servizos de Restaurante e Bar, Control Industrial, Deseño WEB, Carrozaría, Tecnoloxía da Moda, Mecatrónica, Cociña, Pintura do Automóbil e Perrucaría.
O equipo español está composto polos seguintes membros:
| Nome | Apelido | Especialidade | CC.AA. |
|---|---|---|---|
| Diego | Palomo Ibáñez | Ebanistaría | Aragón |
| Arturo | Edo Alcón | Carpintaría | Aragón |
| Marta | Lagares Sevilla | Estética | Catalunya |
| Dídac | Navarro Márquez | Soporte de rede | Catalunya |
| Alejandro | Álvarez Buendía | Instalacións Eléctricas | Castela - A Mancha |
| José Luis | Albaracín Molina | Tecnoloxía do Automóbil | Murcia |
| Jorge Damián | Strocen Rute | Servizo de Restaurante e Bar | Madrid |
| Eduard | Juncá Parella | Control Industrial | Catalunya |
| Héctor | Escriche Puído | Deseño web | Catalunya |
| Rubén | Pico Meizoso | Carrozaría | Galicia |
| Irene | Márquez Fernández | Tecnoloxía da moda | Galicia |
| Marcos | Martín del Río | Mecatrónica | Castela e León |
| Miguel | Santos Bergaz | Mecatrónica | Castela e León |
| Aimará | Bartolomé Tobia | Cociña | Castela e León |
| Tomás Walter | Pérez Bellis | Pintura do automóbil | Madrid |
| Sabea | Garrido Comesaña | Perrucaría | Galicia |
Datos sobre a FP en España
No curso 2008/2009, o número de estudantes de Formación profesional en España situouse en 542.947 alumnos, o que supón un aumento do 6,2 por cento con respecto ao ano anterior. Distribúense da seguinte maneira:
O 76,7% destes alumnos estuda en centros públicos.
Hai máis mulleres que homes que estudan Formación Profesional de grao superior (as mulleres representan o 50,7% dos alumnos). Porén, en FP de grao medio, hai máis homes (53,1%) que mulleres (46,9%).
Historia dos WorldSkills
Os campionatos internacionais de "Skills" (habilidades ou competencias) iniciáronse precisamente no noso país en 1950, dando lugar á creación de WorldSkills en 1953, a iniciativa de España e coa adhesión ao proxecto de Portugal, Francia, Alemaña, Suíza e o Reino Unido, co nome de Organización Internacional da Formación Profesional, con sede en Madrid.
O último concurso internacional organizado por e en España tivo lugar en 1975. Tras un paréntese, en 2005, España reingresou na competición, coa identificación de SpainSkills e volveu a competir na Olimpíada Internacional que se celebrou en Xapón en 2007.
A presenza de España mantivose en detalles como o premio Albert Vidal ao mellor da competición, en recordo do fundador do concurso, o español Francisco Alberto Vidal.
Desde setembro de 2008 e a proposta da delegación holandesa, ademais das competicións nacionais e a competición internacional, celébrase tamén unha competición europea, coñecida como EuroSkills.