Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Actualidade

Quince millóns de euros para escolas oficiais de idiomas

31 de xullo de 2009

Consello de Ministros

O Consello de Ministros aprobou a distribución entre as CCAA de 15 millóns de euros en 2009 para o aumento da oferta de prazas para mozos para a aprendizaxe do inglés nas Escolas Oficiais de Idiomas. O obxectivo do programa "Inglés para mozos", iniciado en 2007, é mellorar o coñecemento de idiomas que existe no noso país. A medida supón a creación de 100.000 novas prazas nos tres cursos (2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010).


Para calcular a distribución do crédito tivo en contase a poboación entre dezaoito e trinta anos, e tamén o número de Escolas Oficiais de Idiomas existentes en cada Comunidade. A Comisión Xeral de Educación, integrada polo ministerio e as CCAA, aprobou os criterios de distribución do crédito o pasado 14 de xullo.


A distribución por CC.AA. é a seguinte:

 


Andalucía 2.833.272

Aragón 656.948

Principado de Asturias 366.213

Illes Balears 387.552

As Canarias 884.694

Cantabria 183.258

Castela e León 1.035.326

Castela – A Mancha 681.637

Cataluña 2.455.039

Comunidade Valenciana 1.404.268

Estremadura 401.068

Galicia 899.354

Comunidade de Madrid 2.131.640

Rexión de Murcia 557.828

A Rioxa 121.903

TOTAL 15.000.000


 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles