Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Actualidade


Ángel Gabilondo presenta a proposta de Pacto Social e Político pola Educación ante o Consello de Universidades

20 de xullo de 2009

Última reunión do curso 2008/2009


  • O órgano analizou a creación dun Observatorio Universitario de Bolsas, axudas ao estudo e rendemento académico e a Orde de Axudas para Titulados Desempregados que desexen realizar un master oficial




O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, presidiu o último Consello de Universidades (órgano que reúne os reitores e reitoras das Universidades españolas e ao Goberno de España) do curso 2008/2009, en que presentou o proxecto de Pacto de Estado Social e Político pola Educación.


Gabilondo expuxo as iniciativas de diálogo e invitacións realizadas nas últimas semanas con conselleiros de educación e responsables de universidades, representantes dos axentes sociais, de asociacións de estudantes, da executiva da CRUE, e de diversas coordinadoras.


O ministro lembrou durante a súa intervención que este pacto pola educación require no ámbito universitario un esforzo para avanzar na modernización da universidade a través do desenvolvemento da Estratexia Universidade 2015.


Ademais, o ministro convidou todos os membros do Consello de Universidades a participar no deseño dun novo modelo produtivo en España. Para acadaro debe prestarse unha maior atención á dimensión social da universidade e profundar no carácter de economía sostible.


Outros temas tratados


No Consello de Universidades informáronse favorablemente os Informes das comisións de verificación de títulos universitarios e das melloras achegadas nos procesos de acreditación do profesorado. Informáronse tamén, a creación do Observatorio Universitario de Bolsas, Axudas ao Estudo e Rendemento Académico e a Orde de Axudas para Titulados Desempregados que desexen realizar un master oficial.


Ademais, analizouse o conxunto de accións encamiñadas a adaptar as titulacións universitarias ao novo Espazo Europeo de Educación Superior, mellorando e flexibilizando os procesos e axudando as universidades na programación dunha parte substancial de graos para o novo curso 2009-2010.


 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles