Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Comunicado de prensa

Comunicado do Ministerio de Educación

19 de xuño de 2009

Ás da 9.30 mañá de hoxe, 25 mozos irromperon no vestíbulo do Ministerio de Eduación sen respectar as normas de acceso ao edificio e permaneceron alí durante algo máis dunha hora.

Ante esta situación, responsables do Ministerio ofreceron recibir algún voceiro así como a súa disposición a atender as súas demandas ou recoller calquera documento coas mesmas. O grupo de mozos, que en ningún momento identificouse como pertencente a algunha asociación ou plataforma de estudantes, declinou estas ofertas e manifestaron a súa desconformidade co Proceso de Bologna.

Transcorrida unha hora e cuarto, e tras as conversacións entre os responsables de seguridade do Ministerio e os mozos, estes últimos abandonaron as instalacións de forma pacífica.

A tranquilidade e o diálogo estiveron presente en todo momento.

O Ministerio quere lembrar que na actualidade existen canles de diálogo establecido con toda a comunidade universitaria que permiten trasladar calquera suxestión, reclamación, dúbida ou achega aos responsables do Departamento.

Neste sentido, onte, xoves 18 de xuño, o ministro de Educación, Ángel Gabilondo, reuniuse con dúas asociacións de estudantes universitarios que lle trasladaron as súas consideracións sobre a implantación do Espazo Europeo de Educación Superior, diálogo que continuará posteriormente con outras organizacións. Estes encontros serven, así mesmo, para perfilar as bases das estratexias a seguir para abordar conxuntamente o desenvolvemento do Estatuto do Estudante, a presidencia española da Unión Europea, o pacto pola educación e a estratexia Universidade 2015.

Ademais, outros responsables do Ministerio reuníronse en numerosas ocasións con asociacións de representantes de estudantes universitarios e outros colectivos. Recentemente, o secretario xeral de Universidades recibiu membros da Asemblea PDI-PAS  

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles