Datos Avance das estatísticas das ensinanzas non universitarias
AVANCE ESTATÍSTICO ENSINANZAS NON UNIVERSITARIAS (CURSO 2008/2009)
Imaxes da comparecencia
Ángel Gabilondo explica o aumento do número de alumnos escolarizados nas etapas non obrigatorias 
O ministro de Educación valora o aumento do alumnado desde a Educación Infantil ao Bacharelato e a FP 
O curso 2008/2009 houbo 7.456.806 alumnos matriculados en ensinanzas de réxime xeral non universitarias, o que representa un aumento con respecto ao curso anterior do 3%, especialmente grazas ao incremento en ensinos secundarios postobrigatorios (+3,2%) e Educación infantil de Primeiro Ciclo (+34,5).
En total, 942.875 estudantes cursaron ensinos secundarios postobrigatorios (Bacharelato, FP de Grao Medio, Grao Medio de Artes plásticas e deseño e de Ensinanzas deportivas e Programas de Cualificación Profesional Inicial) no curso que acaba de concluír, o que supón case 30.000 máis que o ano anterior, a pesar da lixeira diminución do tamaño da poboación asociada a estas ensinanzas. É a primeira vez, nos últimos 15 anos que non se produce unha redución do número de alumnos que proseguen a súa formación tras a educación obrigatoria.
Estes datos foron anunciada esta mañá polo ministro de Educación, Ángel Gabilondo, durante a súa comparecencia na Comisión de Educación do Senado. O ministro, cualificou estas cifras de "dato positivo que nos enche de esperanza". "A esperanza en que cada vez máis españois elixan máis formación en lugar dun mal emprego ou o desemprego e de que máis mozos adquiran máis coñecementos para ter máis oportunidades. Ese é o camiño que iniciamos, que espero continúe e en que todos estamos obrigados a axudar na medida das nosas posibilidades", engadiu.
Entre as cifras do avance feito público hoxe, destaca o incremento do 5,9 por cento en Formación Profesional de Grao Medio, tanto presencial como a distancia, que triplica en incremento do curso anterior, e a subida do 1,2% en Bacharelato, xa que o alumnado desta etapa non medraba desde o curso 1993/1994. Así mesmo, os programas de cualificación profesional inicial (PCPI) para mozos en risco de abandonar o sistema educativo sen ningún título ou cualificación medran un 14,4% con respecto ao curso 2007/2008, en que aínda se impartía maioritariamente a antiga Garantía Social.
A matrícula da Formación Profesional de Grao Superior presencial mantén o crecemento iniciado o ano anterior, incrementando a súa matrícula en 8.215 alumnos (3,8%), a que se engade un incremento do +54,7% (4.314 alumnos máis) na modalidade a distancia.
Educación infantil
Outra das prioridades do Goberno, a educación infantil, tamén experimenta un importante crecemento. O alumnado de primeiro ciclo (menores de tres anos) medra en 98.641 persoas, un 34,5% de incremento con respecto ao curso anterior, ata acadar os 384.644 alumnos. A estatística tamén reflicte que o curso 2008/2009 houbo 1.100 Escolas Infantís máis que no 2007/2008 (22,4% de incremento). O Goberno puxo en marcha o programa Educa 3 para confinanciar coas comunidades autónomas 300.000 novas prazas do primeiro ciclo de educación infantil.
No segundo ciclo de Infantil (para nenos entre os 3 e os 6 anos) o alumnado medra un 3,2% (42.972 alumnos máis), en liña co incremento da natalidade dos últimos anos. O alumnado da Educación Secundaria Obrigatoria diminúe en 19.576 alumnos, resultado do decrecemento da poboación nas idades de cursar este nivel.
No referente á Educación de Persoas Adultas que se imparte no sistema educativo, no curso 2008-2009 un total de 421.277 persoas seguían ensinanzas de carácter formal e 198.866 persoas realizaron cursos de carácter non formal.
En referencia ao alumnado con nacionalidade estranxeira, a cifra global en ensinanzas non universitarias no curso 2008-2009 sitúase en 742.470, cun aumento con respecto ao curso anterior de 42.179 alumnos (6,0%), representando o 9,7% do alumnado das ensinanzas non universitarias de Réxime Xeral.
Centros educativos e profesorado
En España hai 24.949 centros de Ensinanzas de Réxime Xeral non universitarias. Deles,17.497son públicos e 7.452 privados. O profesorado incrementouse un 3,6% no último curso, o que supón que no noso sistema educativo traballan 663.058 profesores.
O Avance das Estatísticas das Ensinanzas non Universitarias para o curso 2008/2009 está dispoñible na páxina web do Ministerio (www.educacion.gob.es)
. Son datos de carácter provisional, xa que máis adiante publícanse os Resultados Detallados que proporcionan a información definitiva, así como maior grao de detalle de todas as variables que son obxecto de estudo.