Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Nota de prensa

40 millóns para infraestruturas nas Canarias

14 de maio de 2009

Consello de Ministros

O Consello de Ministros autorizou hoxe o Ministerio de Educación a asinar un convenio coa a Consellaría de Educación, Universidades, Cultura e Deportes da Comunidade Autónoma das Canarias para mellorar as infraestruturas educativas das illas. O convenio, a que o Ministerio achega 40 millóns de euros, enmárcase no Plan Integral de Emprego das Canarias.

O Plan pretende a mellora do capital humano co fin de lograr unha maior inserción da poboación no mercado do traballo e un incremento da produtividade. Para acadar este fin, é preciso lograr os mellores resultados do sistema educativo en todos os seus aspectos, polo que ten que contarse coas infraestruturas educativas axeitadas e necesarias.
 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles