Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Nota de prensa

As universidades españolas terán verificados 1.000 graos para o curso 2009/2010

19 de maio de 2009

Cumprirase co calendario previsto

As universidades españolas contarán para o comezo do curso académico 2009/2010 con 1.000 títulos de grao avaliado pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e a Acreditación e a Calidade (ANECA) e verificados polo Consello de Universidades.

O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, presidiu o pasado luns 18 de maio a reunión do Padroado da ANECA en que, tras analizar os informes presentados pola propia Axencia, así como polo seu Consello Asesor, acordouse tomar unha serie de medidas para acelerar o proceso de avaliación e verificación dos títulos de grao de tal xeito que entre finais de maio e principios de xuño poida estar concluída a oferta de títulos para o próximo curso.

Para acadar este obxectivo a ANECA e o Consello de Universidades, organismos dependentes do Ministerio de Educación, desenvolverán varias accións entre as que destacan a creación dunha aplicación informática para acelerar os procesos, e a constitución dunha serie de comisións que axilicen os puntos máis complexos deste labor.

Ademais, estas comisións terán un papel coordinador entre as distintas institucións involucradas no proceso: Ministerio de Educación, Consello de Universidades e ANECA.

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles