Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Nota de prensa

O Ministerio do Interior premia un ano máis aos centros escolares que fomenten proxectos sobre seguridade

30 de abril de 2009

Educación e Seguridade

  • Por terceiro ano consecutivo, esta convocatoria vai dirixida aos alumnos de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Educación Especial
  • O primeiro premio está dotado con 6.000 euros e o accésit con 2000 euros
  • Os centros escolares que desexen participar deberán enviar a súa solicitude antes do 30 de xuño de 2009

Tras o éxito de convocatorias anteriores, o Ministerio do Interior organiza a terceira edición dos premios "Educación e Seguridade no Medio Escolar". Este galardón ten como obxectivo premiar os centros docentes públicos que fomenten as experiencias educativas dirixidas á seguridade, a prevención e a participación para superar situacións de risco ou inseguridade, en calquera das súas manifestacións: seguridade cidadá, protección ante emerxencias e seguridade viaria.

Esta nova convocatoria busca, ademais, achegar os alumnos o coñecemento dos servizos de emerxencia, das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e en xeral dos servizos públicos de seguridade.

A iniciativa enmárcase no Acordo de Colaboración en Educación para a mellora da seguridade entre o Ministerio de Educación e o Ministerio do Interior. E co ánimo de chegar ao maior número de centros escolares, preto de 10.000 trípticos serán distribuídos este ano, ademais dun número similar de envíos que se realizarán a través do correo electrónico.

Materias das actividades e traballos

Os traballos presentados deberán conter materias relacionadas coa seguridade cidadá e a protección dos dereitos e liberdades, especialmente a liberdade e seguridade persoal, nos termos establecidos na Constitución Española e nas leis que os desenvolven; as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, as súas competencias e atribucións; a protección civil e o seu réxime de actividades; e a seguridade viaria.


Modalidades e contía dos premios

  • Financiados con fondos Públicos de Educación Infantil, Primaria e Especial:
    • 1) Proxecto Integral de Seguridade
    • 2) Proxecto Específico de Seguridade
  • Financiados con fondos Públicos de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional:
    • 1) Proxecto Integral de Seguridade
    • 2) Proxecto Específico de Seguridade

• Primeiro Premio: 6.000 euros
• Accésit: 2000 euros


Presentación de solicitudes e prazos

Os centros docentes solicitarán a participación na convocatoria, previa aprobación do Consello Escolar e notificarán a súa participación ás súas respectivas Administracións Educativas.

Os centros terán que xustificar os méritos mediante unha memoria que se elaborará conforme ás indicacións que especifica o apartado 1 do Anexo "Contido da Memoria "da Orde Ministerial INT/838/2009, do 25 de marzo por que se convocan os mesmos e a que terán acceso no Boletín Oficial do Estado (BOE) e na páxina web do Ministerio do Interior (www.mir.es) e do Ministerio de Educación (www.educacion.gob.es).


Documentación a achegar

  • Un exemplar do mencionado traballo en soporte papel e copia en soporte electrónico CD/DVD, en formato Word.
  • Copia da comunicación da Administración Educativa correspondente.
  • Certificado do Secretario do Consello Escolar onde conste a aprobación da participación nesta convocatoria.
  • Declaración do responsable do Centro Docente en que se expresen os requisitos do apartado 2.d) do punto sétimo da Orde INT/838/2009, do 25 de marzo


Prazos e lugares para presentar a documentación

Os centros que desexen participar nesta segunda convocatoria, deberán enviar a súa solicitude antes do 30 de xuño de 2008, acompañada do resto da documentación, á Subsecretaría do Ministerio do Interior, rúa Amador de los Ríos, 7 - 28010 Madrid ou nas respectivas Delegacións e Subdelegacións do Goberno.

Para máis información, visite a páxina web do Ministerio do Interior
www.mir.es no epígrafe "EDUCACIÓN E SEGURIDADE"


 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles