Na Comisión de Educación, Política Social e Deporte do Congreso
A ministra de Educación, Política Social e Deporte, Mercedes Cabrera, compareceu hoxe ante a Comisión de Educación, Política Social e Deporte do Congreso dos Deputados, para informar sobre as actuacións desenvolvidas no último ano polo seu Departamento en materia educativa, así como para anunciar novas iniciativas para intensificar a integración de Internet e as novas tecnoloxías no sistema educativo español.
Cabrera afirmou que no momento de gran complexidade económica por que pasa España a educación é unha arma fundamental para a sociedade. "Porque todos estamos convencidos que esta é unha etapa decisiva da nosa historia. Agora a educación desempeña unha función crucial; é o instrumento máis valioso para lograr unha sociedade máis rica, máis equilibrada, con máis benestar", asegurou.
A ministra, ademais de anunciar as novas medidas para acelerar ao máximo a entrada das novas tecnoloxías nas aulas españolas, detallou as numerosas iniciativas en materia educativas impulsadas nos doce meses que van de lexislatura. Desde o fomento da avaliación do sistema educativo español ata o impulso da Formación Profesional, sen esquecer o esforzo que se está realizando por reducir o abandono escolar temperán, ou por garantir o acceso aos estudos ao maior número de persoas posibles.
ESCOLA 2.0
"Os mozos do século XXI conciben Internet e as tecnoloxías como un instrumento máis da súa vida. Por iso chegou o momento de dar un paso adiante. A tecnoloxía é moito máis que unha axuda no ensino ou a aprendizaxe. Ten que ser unha ferramenta pedagóxica de igual valor e de uso tan habitual como os libros ou os bolígrafos. É a escola do futuro, a escola 2.0 a que temos que chegar o máis pronto posible", afirmou a responsable do Ministerio de Educación, Política Social e Deporte (MEPSYD).
Esta aposta por trasladar canto antes e da mellor forma posible as posibilidades de Internet, as redes sociais ou de información a través dos teléfonos móbiles ao ámbito educativo, vaise a realizar tendo en conta o papel imprescindible dos profesores e as necesidades e demandas dos pais.
As iniciativas hoxe anunciadas teñen como obxectivo ofrecer recursos aos profesores para que melloren o seu labor e incrementen a súa autoridade, xerar contidos para que os alumnos aprendan máis e mellor, e axudar os pais para que participen máis na educación dos seus fillos.
As medidas anunciadas hoxe foron:
) para que se converta nun medio de intercambio de experiencias educativas de profesores e alumnos. A canle recibiu máis de 335.000 visitas nos sete meses que leva funcionando.
FINANCIAMENTO
Mercedes Cabrera anunciou durante a súa comparecencia o financiamento correspondente a 2009 para os seguintes programas educativos:
CONFERENCIA SECTORIAL E AVALIACIÓN
Mercedes Cabrera destacou durante a súa intervención que a colaboración entre as distintas administracións é fundamentais para a educación sexa cada vez mellor en España.
Por este motivo, a ministra anunciou que vai realizar un esforzo por potenciar a Conferencia Sectorial de Educación (que reune ao Goberno coas comunidades autónomas) como foro para o debate e o desenvolvemento de políticas educativas.
"A Conferencia Sectorial de Educación é a sede do verdadeiro pacto pola educación en España", afirmou a ministra.
Precisamente a colaboración coas comunidades autónomas é fundamentais para pór en marcha do novo modelo de avaliación do sistema educativo español.
A ministra lembrou que esta semana se puxeron en marcha as novas avaliacións establecidas pola Lei Orgánica de Educación e acordadas coas comunidades autónomas. Nelas participarán 28.000 alumnos de cuarto de primaria que estudan en 888 centros de toda España e 1.350 profesores.
Estas avaliacións permitirán ter información propia sobre o sistema educativo, e non depender en exclusiva dos estudos internacionais. Isto non implica que España deixe de colaborar coas entidades internacionais que realizan avaliacións similares.
ABANDONO ESCOLAR E FP
Mercedes Cabrera fixo balance de máis iniciativas fundamentais para o MEPSYD, entre as que destacan: