Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

O Goberno aproba os plans Melilla Educa e Ceuta Educa

17 de abril de 2009

Consello de Ministros


  • Desenvolveranse entre 2009 e 2011


Consello de Ministros aprobou hoxe, a proposta do ministro de Educación, Ángel Gabilondo, os plans Melilla Educa e Ceuta Educa, para mellorar os resultados educativos de ambas as dúas cidades autónomas. Os plans veñen a dar un novo impulso a accións anteriores de mellora da educación nas dúas cidades, iniciados en marzo de 2005 co Plan de Actuación integral para Ceuta e Melilla, que incidía fundamentalmente en aspectos estruturais e organizativos.


O obxectivo do Ministerio de Educación é mellorar os resultados educativos dos alumnos de Ceuta e Melilla e para iso desenvolverá unha política ambiciosa e coherente, adaptada á realidade de cada unha das dúas cidades autónomas, que incorpore as actuacións relacionadas cos obxectivos marcados na Lei Orgánica de Educación tendo en conta as especificidades destes dous territorios.


Desenvolveranse en oito áreas específicas con actuacións relativas a infraestruturas, xestión do profesorado, planificación e desenvolvemento normativo, adecuación e mellora da oferta educativa, participación e implicación da comunidade educativa, organización administrativa, recursos nos centros para apoio educativo, e colaboración e participación dos axentes sociais e a administración laboral.


Dentro destas áreas incidirase especialmente naquelas accións que teñen que ver, entre outros aspectos, coa escolarización temperá, a mellora do éxito escolar, a loita contra o abandono escolar prematuro, a adecuación da oferta de Formación Profesional ás necesidades produtivas das cidades e, en xeral, coa mellora a calidade da educación.


Os plans Melilla Educa e Ceuta Educa reforzarán tamén as accións que se encontran en fase de execución ou pendentes de realización, como a mellora da rede de infraestruturas escolares ou a optimización dos recursos dispoñibles.


A fin última é previr dificultades desde as idades máis temperás e de compensar desvantaxes derivadas da orixe persoal ou sociocultural das persoas, con políticas inclusivas e de acción positiva.

 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles