Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Política Social

O Goberno destina 21,4 millóns a Castela – A Mancha para desenvolver proxectos de dependencia

17 de marzo de 2009

Logotipo Plan-e
  • Crearanse ou adaptarán case 6.800 prazas de residencias, centros de día, servizos de promoción da autonomía persoal ou en aloxamentos particulares nesta comunidade
  • O Goberno incrementa nun 79% o orzamento para dependencia en 2009
  • Na comunidade manchega xa hai 33.732 persoas a que se recoñeceu o dereito a beneficiarse desta Lei

A ministra de Educación, Política Social e Deporte, Mercedes Cabrera, e o presidente da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha, José María Barreda, asinaron hoxe un convenio de colaboración por que o Goberno de España destina esta comunidade autónoma 21.416.954 euros para o desenvolvemento de proxectos de atención a persoas dependentes con cargo ao fondo extraordinario de dependencia do Plan Español para o Estímulo da Economía E o Emprego (Plan E).

A través deste fondo extraordinario, Castela-A Mancha financiará este ano investimentos en novos centros, servizos e prazas para a atención de persoas dependentes e modernizará e axeitará centros e servizos xa existentes. Estes investimentos comportarán a creación ou adaptación de 6.755 prazas para persoas dependentes en residencias, centros de día e en servizos de promoción da autonomía persoal.

A posta en marcha destes proxectos, que foron elixidos polo Goberno rexional, con cargo ao fondo extraordinario suporá a creación de 1.874 postos de traballo na Castela-A Mancha.

Nesta comunidade autónoma hai nestes momentos 33.732persoas a que se recoñeceu o dereito a beneficiarse da Lei de Dependencia.

Tamén se levarán a cabo concertos de novos servizos de atención a persoas dependentes e programas de mellora da infraestrutura do servizo de axuda a domicilio.

Os 21,4 millóns de euros hoxe acordados engadiranse ao financiamento que os cidadáns de Castela-A Mancha reciban por parte do Goberno de España para o desenvolvemento da Lei de Dependencia. A cifra total que se destine en 2009 non se coñecerá ata finais de ano. Pero cabe lembrar que en 2008, o MEPSYD destinou máis de 45,7 millóns de euros á comunidade autónoma por este concepto.

Este fondo extraordinario do Plan E, de 400 millóns de euros, súmase ao financiamento xeral da Lei de Dependencia. Así, en 2009, o Goberno de España dedicará máis de 1.558 millóns a dependencia, un 79% máis que o pasado ano.

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles