Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Política Social

O Goberno destina seis millóns a Cantabria para desenvolver proxectos de dependencia

23 de marzo de 2009

Plan E

Logotipo Plan-e
  • Crearanse ou adaptarán máis de 770 prazas de servizos de atención a dependencia (en residencias de maiores e persoas con discapacidade, en servizos de promoción da autonomía persoal e en servizos de axuda a domicilio) nesta comunidade
  • O Goberno incrementa nun 79% o orzamento para dependencia en 2009
  • Na comunidade cántabra xa hai 9.717 persoas a que se recoñeceu o dereito a beneficiarse desta Lei

 

A ministra de Educación, Política Social e Deporte, Mercedes Cabrera, e a vicepresidenta do Goberno de Cantabria, Dolores Gorostiaga, asinaron hoxe un convenio de colaboración por que o Goberno de España destina a esta comunidade un total de 6.021.515 euros para o desenvolvemento de proxectos de atención a persoas dependentes con cargo ao fondo extraordinario de dependencia do Plan Español para o Estímulo da Economía E o Emprego (Plan E).

A través deste fondo extraordinario, Cantabria financiará este ano investimentos en novos centros, servizos e prazas para a atención de persoas dependentes e modernizará e axeitará centros e servizos xa existentes. Estes investimentos comportarán a creación ou adaptación de 775 prazas para persoas dependentes en centros residenciais, en servizos de promoción da autonomía persoal e en servizos de axuda a domicilio.

A posta en marcha destes proxectos con cargo ao fondo extraordinario suporá a creación de máis de 200 postos de traballo en Cantabria.

Nesta comunidade autónoma hai nestes momentos 9.717persoas a que se recoñeceu o dereito a beneficiarse da Lei de Dependencia.

Os seis millóns de euros hoxe acordados engadiranse ao financiamento que os cidadáns de Cantabria reciban por parte do Goberno de España para o desenvolvemento da Lei de Dependencia. A cifra total que se destine en 2009 non se coñecerá ata finais de ano. Pero cabe lembrar que en 2008, o MEPSYD destinou máis de 15,1 millóns de euros á comunidade autónoma por este concepto.

Este fondo extraordinario do Plan E súmase ao financiamento xeral da Lei de Dependencia. Así, en 2009, o Goberno de España dedicará máis de 1.558 millóns a dependencia, un 79% máis que o pasado ano.

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles