Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Política Social

O Goberno destina 15,2 millóns a Aragón para desenvolver proxectos de dependencia

19 de marzo de 2009

Ver imaxe en alta resolución. Mercedes Cabrera e Marcelino Iglesias durante a sinatura do convenio.
Logotipo Plan-e
  • Crearanse ou adaptarán máis de 2.900 prazas de servizos de atención a dependencia (residencias, centros de día, servizos de promoción da autonomía persoal e aloxamentos particulares) nesta comunidade
  • O Goberno incrementa nun 79% o orzamento para dependencia en 2009
  • Na comunidade aragonesa xa hai 23.179 persoas a que se recoñeceu o dereito a beneficiarse desta Lei

A ministra de Educación, Política Social e Deporte, Mercedes Cabrera, e o presidente de Aragón, Marcelino Iglesias, asinaron hoxe un convenio de colaboración por que o Goberno de España destina a esta comunidade un total de 15.236.703 euros para o desenvolvemento de proxectos de atención a persoas dependentes con cargo ao fondo extraordinario de dependencia do Plan Español para o Estímulo da Economía E o Emprego (Plan E).

A través deste fondo extraordinario, Aragón financiará este ano investimentos en novos centros, servizos e prazas para a atención de persoas dependentes e modernizará e axeitará centros e servizos xa existentes. Estes investimentos comportarán a creación ou adaptación de 2.915 prazas para persoas dependentes en residencias, centros de día ou de noite, en servizos de promoción da autonomía persoal e en aloxamentos particulares.

A posta en marcha destes proxectos con cargo ao fondo extraordinario suporá a creación de máis de 1.100 postos de traballo en Aragón.

Nesta comunidade autónoma hai nestes momentos 23.179 persoas a que se recoñeceu o dereito a beneficiarse da Lei de Dependencia.

Tamén se levarán a cabo concertos de novos servizos de atención a persoas dependentes e programas de mellora dos servizos de transporte.

Ademais, o Goberno de Aragón financiará 80 programas de formación de profesionais e coidadores de dependentes que contarán con 700 prazas.

Os 15,2 millóns de euros hoxe acordados engadiranse ao financiamento que os cidadáns de Aragón reciban por parte do Goberno de España para o desenvolvemento da Lei de Dependencia. A cifra total que se destine en 2009 non se coñecerá ata finais de ano. Pero cabe lembrar que en 2008, o MEPSYD destinou máis de 39,3 millóns de euros á comunidade autónoma por este concepto.

Este fondo extraordinario do Plan E súmase ao financiamento xeral da Lei de Dependencia. Así, en 2009, o Goberno de España dedicará máis de 1.558 millóns a dependencia, un 79% máis que o pasado ano.


INVESTIMENTOS DO FONDO DE DEPENDENCIA DO PLAN E EN ARAGÓN

Os investimentos con cargo ao Fondo Extraordinario do Plan E solicitadas polo Goberno de Aragón son os seguintes:

Tipo de proxectos, prazas novas ou adaptadas, contía Plan E
Novas prazas en centros de día, residencias e de atención á dependencia no medio rural: 301 1.902.285
Consolidación e mellora da rede de servizos existentes en centros de día, residenciais ou de promoción da autonomía persoal: 1.757 8.001.572
Adaptación de aloxamentos particulares de persoas dependentes: 150 383.000
Concerto de novos servizos: 4.426.846
Formación e cualificación de profesionais e coidadores: 443.000
Mellora de infraestrutura de servizos de axuda a domicilio e de transporte: 80.000
TOTAL 2.915 15.236.703

1) Investimento en novas prazas de centro de día e aloxamento e de atención á dependencia no medio rural
Provincia, localidade, nome do centro, financiamento. Plan E, e prazas creadas

Zaragoza. Zaragoza Centro Aloxamento Comision 90.000 (8)
Huesca. Barbastro Centro de Día Barbastro 286.000 (20)
Teruel. Albarracin R.P.Mayores de Albarracin 800.000 (58)
Zaragoza. Biota C.Dia Mayores de Biota 300.000 (30)
Zaragoza. Gelsa C.Dia Maiores de Gelsa 100.000 (30)
Huesca. Graus R.P. Maiores de Graus 126.285 (100)
Huesca.Huesca R.D. Psquicos de Aspace 200.000 (55)
 


2) Consolidación e mellora da oferta de rede de servizos existentes en centros de día, aloxamentos residenciais e en centros de prevención e promoción da autonomía persoal

Zaragoza Zaragoza R.Romareda 67.100 (175)
Zaragoza Zaragoza R.Romareda 9.350,00 (27)
Zaragoza Borja R.P. Maiores de Borja 1.245.500,00 (67)
Zaragoza Borja R.P. Maiores de Borja 50.000,00 (8)
Zaragoza Borja R.P. Maiores de Borja 808.000,00 (42)
Zaragoza Zaragoza C. Atencion D. Psiquicos (Camp) 742.222,00 (122)
Huesca Huesca RPM Sagrada Familia 138.600,00 (54)
Huesca Huesca RPM Sagrada Familia 157.300,00 (58)
Huesca Huesca RPM Cidade de Huesca 82.500,00 (98)
Huesca Huesca RPM Cidade de Huesca 44.000,00 (53)
Teruel Teruel C. Asistencial El Pinar 360.000,00 (112)
Teruel Utrillas R.P. Maiores Utrillas 325.000,00 (51)
Teruel Teruel R.P. Maiores de Javalambre 1.645.000,00 (210)
Teruel Teruel R.P. Maiores de Javalambre 1.700.000,00 (212)
Huesca Aínsa R.P. M. A Solana de Ainsa 127.000,00 (100)
Zaragoza Zaragoza Centro Ocupacional Cedes 200.000,00 (58)
Zaragoza Zaragoza R.D. Psquicos de Aspace 100.000,00 (28)
Zaragoza Zaragoza R.D. Psquicos de Atades 200.000,00 (282)
 

 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles