Acordo do Consello de Ministros
O Consello de Ministros aprobou, a proposta da ministra de Educación, Política Social e Deporte, Mercedes Cabrera, un Acordo polo Goberno de España reitera o seu apoio á candidatura da cidade de Madrid para a organización dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos do ano 2016 e outorga as garantías solicitadas no Manual de Candidatura elaborado polo Comité Olímpico Internacional.
Este Acordo comprende unha serie de compromisos financeiros para axeitar as infraestruturas madrileñas aos requisitos que precisa un evento como este e a que establece o Comité Olímpico Internacional, que ascenden a máis de 15.435 millóns de euros.
Así, o Goberno de España asumiu os seguintes compromisos:
Este acordo referenda outro aprobado polo Consello de Ministros o pasado 30 de novembro de 2007 por que se apoiaba a candidatura de Madrid.
Neste sentido é fundamental que conste ante o Comité Olímpico Internacional o apoio do Goberno español ao proxecto que se realizará a través da Presidencia do Goberno, Vicepresidencias, e Ministerios de Economía e Facenda; Industria, Turismo e Comercio; Interior; Traballo e Inmigración; Educación, Política Social e Deporte; Fomento; Sanidade e Consumo, Medio Ambiente e Cultura.
O 14 de xaneiro de 2008 tivo lugar a presentación ante o Comité Olímpico Internacional do Cuestionario de candidatura e das Cartas de Garantías. No período comprendido entre os meses de xaneiro e xuño de 2008 se examinaron, por parte dun grupo de expertos, os cuestionarios presentados polas cidades candidatas á organización dos Xogos do 2016. A Comisión Executiva do Comité Olímpico Internacional (COI) decidiu no mes de xuño de 2008, que cidades serian as candidatas finalistas (Madrid, Río de Xaneiro, Chicago e Toquio). Madrid logrou situarse na valoración en segundo lugar despois da cidade de Toquio.
Iníciase agora unha segunda fase en que as cidades finalistas enviarán os dossieres de candidatura ao COI o 12 de febreiro deste ano, antes de que a Comisión de Avaliación do COI visite as localidades finalistas e elabore un informe de cada candidatura. Os membros do COI elixirán a sede dos Xogos o 2 de outubro de 2009, en votación individual e secreta, nunha asemblea convocada en Copenhaguen.