Segundo datos proporcionados polas Comunidades Autónomas
Un total de 449.415 persoas son xa beneficiarias da Lei de Dependencia, segundo datos achegados polas Comunidades Autónomas a data 1 de xaneiro.
Dos beneficiarios, 369.000 foron recoñecidos como grandes dependentes e 76.207 como dependentes severos nivel 2. Estes son os dous graos de dependencia que en 2008 amparaba a Lei de Dependencia segundo o seu calendario de aplicación. En 2009 empezará a facerse efectivo o dereito ás prestacións de quen sexan valorados como grao II de dependencia severa, nivel I.
En virtude da Lei de Dependencia, todos estes beneficiarios son atendidos a través de servizos sociais ou prestacións económicas. Segundo datos das Comunidades Autónomas a data 1 de xaneiro de 2009, a desagregación dos servizos e prestacións e dos seus correspondentes beneficiarios é o seguinte:
Teleasistencia: 11.096
Axuda a domicilio: 36.722
Plaza en centros de día/noite: 13.932
Plaza residencial: 68.036
Servizo de prevención e de promoción da autonomía persoal: 259
Prestación económica vinculada ao servizo: 17.944
Prestación económica por coidados familiares: 129.151
Prestación económica por asistente persoal: 210
Servizo ou prestación sen especificar polas Comunidades Autónomas* 172.065*
TOTAL 449.415
*O Goberno solicitou a que especifiquen os servizos ou prestacións destes beneficiarios.
Os datos completos achegados polas Comunidades Autónomas sobre a aplicación da Lei de Dependencia a data 1 de xaneiro están dispoñibles na páxina web do Imserso: www.seg-social.es/imserso
42.655 ALTAS NA SEGURIDADE SOCIAL PARA COIDADORES FAMILIARES
Dos beneficiarios que perciben a prestación económica por coidados familiares (129.151, segundo datos das Comunidades Autónomas), 42.655 xa están dados de alta na Seguridade Social, segundo datos facilitados por este organismo a data 1 de xaneiro de 2009.
Os datos da Seguridade Social sobre altas de coidadores que reciben a prestación económica en virtude da Lei de Dependencia están tamén dispoñibles na páxina web do Imserso.
INCREMENTO DO FINANCIAMENTO ESTATAL DA LEI DE DEPENDENCIA PARA 2009-01-02
O Goberno de España destina este ano 2009 ás Comunidades Autónomas 1.558 millóns de euros para a lei de Dependencia, un 79% máis que o ano anterior, segundo os Orzamentos Xerais do Estado.