O prazo de presentación de solicitudes acaba o vindeiro 13 de febreiro
O Ministerio de Educación, Política Social e Deporte abriu a convocatoria para cubrir 1.105 prazas de auxiliares de conversación española en diversos países para o curso 2009-2010. Os candidatos deben ser licenciados ou mestres españois de varias especialidades. Tamén poderán presentarse a convocatoria estudante do último ano destas titulacións, aínda que terán prioridade os da especialidade de Filoloxía ou Tradución e Interpretación no idioma estranxeiro do país solicitado.
O prazo de presentación de solicitudes termina o 13 de febreiro. Os auxiliares seleccionados incorporaranse aos seus postos o día 1 de outubro de 2009, agás no caso de Nova Zelandia, en que o curso empeza o 1 de febreiro de 2010.
O programa ten como obxectivos facilitar que os estudantes doutros países perfeccionen o coñecemento da lingua e a cultura española no estranxeiro a través destes auxiliares.
O número de prazas convocadas para cada país especifícase na seguinte táboa:
| País | Prazas |
|---|---|
| TOTAL | 1.105 |
| Alemaña | 120 |
| Austria | 15 |
| Bélxica | 10 |
| Canadá | 4 |
| Estados Unidos | 36 |
| Francia | 450 |
| Irlanda | 12 |
| Italia | 15 |
| Nova Zelandia | 3 |
| Portugal | 10 |
| Reino Unido | 430 |
Os auxiliares traballarán como axudantes de prácticas de conversación baixo a supervisión dun profesor titular durante un curso escolar en centros docentes en cada país de destino. Nalgúns casos, poderán tamén colaborar na atención aos usuarios de bibliotecas e centros de recursos en español.
As axudas mensuais serán de entre 700 e 1.000 dólares ao mes, dependendo do nivel de vida do país. Ademais, os auxiliares recibirán cobertura sanitaria, orientación para encontrar aloxamento e formación inicial.