Consello de Ministros
O Consello de Ministros aprobou o reparto de seis millóns de euros para o desenvolvemento de actividades de impulso e difusión da nova Formación Profesional.
En concreto, con este financiamento impulsarase a difusión e información en todo o Estado das diferentes modalidades de oferta formativa, o proceso de avaliación e acreditación das competencias adquiridas pola experiencia laboral, así como a orientación profesional aos estudantes, e a posta en funcionamento dos Centros Integrados de Formación Profesional e dos Centros de Referencia Nacional.
Todas elas son medidas incluídas no roteiro para a modernización da Formación Profesional, que aprobou o Consello de Ministros o pasado 14 de novembro e que se están desenvolvendo en diálogo cos interlocutores sociais e coas Administracións implicadas.
Este ciclo educativo é unha opción de futuro, como o demostra o feito de que en 2020 a metade de todos os empregos en Europa requirirán, polo menos, unha formación secundaria postobrigatoria, fundamentalmente de Formación Profesional. En definitiva, o tempo dos empregos de baixa cualificación acábase en Europa. É o tempo da educación e, moi especialmente, da Formación Profesional.
O reparto entre as Comunidades Autónomas do crédito disposto especifícase no seguinte cadro:
| Comunidade Autónoma | Orzamento (en euros) |
|---|---|
| Total | 6.000.000,00 |
| MADRID (Comunidade de) | 472.931,81 |
| CASTELA-A MANCHA | 250.434,96 |
| CASTELA E LEÓN | 353.552,86 |
| RIOXA (A) | 79.525,63 |
| ARAGÓN | 197.447,48 |
| ESTREMADURA | 157.455,22 |
| CANTABRIA | 115.415,45 |
| COMUNIDADE VALENCIANA | 612.933,87 |
| MURCIA (Rexión de) | 180.995,86 |
| PAÍS VASCO | 347.174,68 |
| NAVARRA (Comunidade Foral de) | 110.384,02 |
| GALICIA | 443.836,91 |
| ANDALUCÍA | 1.090.329,95 |
| ASTURIAS (Principado de) | 186.687,28 |
| CATALUÑA | 935.597,70 |
| BALEARS (Illes) | 158.054,42 |
| AS CANARIAS | 307.241,89 |