O Consello de Ministros nomeou, a proposta da ministra de Educación, Política Social e Deporte, Mercedes Cabrera, a Pilar Rodríguez nova directora xeral do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO).
Rodríguez, licenciada en Filosofía e doutorada en Socioloxía é gerontóloga e experta en servizos sociais. Desde 2007 era conselleira de Benestar Social do Goberno do Principado de Asturias, Executivo en que tivo máis responsabilidades, xa que entre 2005 e 2007 foi delegada do Principado en Madrid, e entre 1999 e 2003 directora xeral de Atención a Persoas Maiores, Discapacidade e Dependencia.
Entre 1993 e 1999 foi directora de Estudos do IMSERSO.
Foi coautora do Plan Gerontológico para os anos 90 e despois directora de Programas do Plan entre 1988 e 1993.
Ademais, Pilar Rodríguez foi membro da Xunta Directiva da Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía – coa que colabora asiduamente -, presidenta da Fundación Asturiana de Atención a Persoas con Discapacidade e / ou Dependencia, e coautora do Libro "Blanco de la Dependencia".