Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Educación

Mercedes Cabrera subliña a importancia dos consellos escolares na mellora do sistema educativo

16 de xuño de 2008

Conferencia de Madrid da Rede Europea de Consellos Escolares de Educación

Ver imaxe en alta resolución. .
  • A ministra destaca a necesidade de implicar as familias para seguir avanzando nunha educación de calidade para todos.

A ministra de Educación, Política Social e Deporte, Mercedes Cabrera, inaugurou hoxe a Conferencia de Madrid da Rede Europea de Consellos Escolares de Educación. No seu discurso, Mercedes Cabrera destacou que "escoitar a sociedade é unha tarefa de todos e por esta razón é esencial a existencia dos Consellos Escolares". A colaboración entre todas as administracións e institucións educativas é, a xuízo da ministra, un dos principais motores de avance do sistema educativo.
Por iso, Mercedes Cabrera lembrou que o Ministerio de Educación, Política Social e Deporte, "sempre está pendente das actuacións e propostas do Consello Escolar do Estado "e recoñeceu o seu labor, xa que "os seus dictames sobre as leis educativas e sobre os seus correspondentes decretos de desenvolvemento contribuíron a mellorar tanto o seu contido coma a súa forma. Por outra banda, os seus Informes anuais sobre o estado e situación do sistema educativo permitíronnos detectar algún dos problemas ou carencias que afectan a educación en España, contribuíndo desa maneira a resolveros".
Unha das ideas centrais da intervención da Ministra foi a necesidade de "implicar toda a sociedade na mellora da educación ". Unha tarefa para a que "necesitamos a participación activa dos propios alumnos, as familias, do profesorado e dos sectores máis directamente interesados na educación ". Un empeño en que "nos xogamos o futuro" tal e como lembrou a Ministra.
Precisamente con respecto ao futuro do ensino Mercedes Cabrera destacou a relevancia da colaboración fluída entre os Consellos Escolares de Europa, pois "este tipo de lazos permítennos avanzar cara a unha educación máis homoxénea en Europa, que potencie a cohesión social e económica nas nosas sociedades".

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles