Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Política Social

A Conferencia Europea de Accesibilidade aposta pola formación e a innovación para impulsar o Deseño para Todos

13 de xuño de 2008

Conclusións do encontro internacional da Rede EdeaN en León

  • A secretaria de Estado de Política Social, Amparo Valcarce, clausurou o evento e presentou o Decálogo de León pola Accesibilidade.

A secretaria de Estado de Política Social, Amparo Valcarce, clausurou hoxe en León a Conferencia Europea de Accesibilidade e Deseño para Todos, que organizou nesta cidade a Rede Europea EDeAN (European Design for all e-Accessibility A secretaria de Estado estivo acompañada pola representante do Consello de Europa, Angela Garabagiu, o presidente da Rede EdeAN, Pier Luigi Emiliani, o director do Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación (Inteco) de España, Enrique Martínez, e a directora do Centro Stakes de Finlandia, Paivi Tahkokallio.
Nesta sesión, Valcarce presentou as conclusións das dúas xornadas de traballo en que participaron 200 expertos e representantes de organismos nacionais e europeos.
Os participantes, que debateron en León sobre a situación da accesibilidade e o deseño para todos en Europa e presentaron experiencias innovadoras nesta materia, apostaron por impulsar a formación, a innovación e a colaboración das empresas tecnolóxicas para lograr implantar o Deseño para Todos en todos os ámbitos e conseguir así unha sociedade sen barreiras para as persoas maiores e as persoas con discapacidade.

CONCLUSIÓNS DA CONFERENCIA EUROPEA DE ACCESIBILIDADE E DESEÑO PARA TODOS
Decálogo de León pola accesibilidade
Vivimos nunha sociedade cambiante con retos como o avellentamento, o desenvolvemento sostible, a atención á diversidade e a protección do medio ambiente. O deseño para todos constitúe unha ferramenta útil para encontrar solucións creativas aos devanditos retos.
O deseño para todos constitúe unha estratexia fundamental para garantir os dereitos recoñecidos pola sociedade.
Os gobernos teñen a responsabilidade de impulsar e desenvolver leis e políticas que aseguren o gozo efectivo destes dereitos.
O deseño para todos debe ser entendido dunha forma ampla e completa. Os produtos, os medios, as tecnoloxías, os servizos e, en xeral, calquera ámbito da sociedade, deben ser concibidos de xeito que poidan ser utilizados por todas as persoas, independentemente das súas capacidades, circunstancias e diversidades.
A participación dos usuarios é un aspecto esencial en todas as fases que interveñen no proceso de Deseño.
A formación é crucial para promover o cambio de actitude necesario para que a sociedade acolla os principios do deseño para todos. As bases dese cambio débense establecer nas escolas, nas universidades, nos centros educativos e no medio familiar.
As universidades teñen unha importante responsabilidade ética na formación dos futuros profesionais. O deseño para todos ten que formar parte dos plans de estudo de todas as titulacións. A universidade ademais, ten que asegurar a plena participación e evitar a discriminación nas súas infraestruturas, materiais didácticos, medios virtuais, tecnoloxías da información e da comunicación. O Proceso de Bologna ofrécenos a oportunidade de cumprir estes fins.
O deseño para todos supón un recurso eficaz que deben utilizar as empresas e a industria, para dar resposta ás cambiantes e diversas necesidades do mercado, cumprindo ademais coa súa responsabilidade social.
teñén quese tomar iniciativas pioneiras e avanzadas para promover a investigación e a innovación no desenvolvemento de bens, servizos e equipos, instalacións, e medios, baseados nos principios do deseño para todos.
A sociedade da información e do coñecemento só será un proxecto completo cando todas as persoas poidan participar e beneficiarse do potencial que as novas tecnoloxías ofrécennos e ofrecerannos no futuro.

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles