Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Educación

O MEPSYD convoca por primeira vez 5.000 bolsas para cursos de inglés no estranxeiro destinadas a mestres

17 de xuño de 2008

O prazo para presentar as solicitudes finaliza o vindeiro 21 de xullo

  • Cada axuda conta cunha dotación de 4.000 euros para a realización dun curso de inglés de polo menos un trimestre
  • A solicitude pode realizarse a través da páxina www.educacion.gob.es

O Ministerio de Educación, Política Social e Deporte puxo en marcha por primeira vez un programa de bolsas destinadas á mellora do dominio do inglés por parte dos futuros mestres de infantil e primaria, que conta cun orzamento de 20 millóns de euros.
En total, convócanse 5000 axudas de 4.000 euros cada para a realización de cursos de lingua inglesa en Australia, Canadá, Estados Unidos de Norteamérica, Malta, Nova Zelandia, Reino Unido e República de Irlanda. Os solicitantes destas bolsas deberán ser alumnos do último curso das ensinanzas conducentes a título de Mestre ou mestres que finalicen a diplomatura nalgún dos últimos catro cursos académicos (2003-04; 2004-05; 2005-06; 2006-07).
Desta maneira, os mestres recibirán a axuda para a estancia e a realización dun curso de perfeccionamento da lingua inglesa de polo menos 12 semanas de duración, cun mínimo de 20 horas lectivas semanais entre o 1 de setembro de 2008 e o 31 de agosto de 2009.
Impulso ao ensino de idiomas
A convocatoria destas bolsas de nova creación enmárcase na atención especial que a Lei Orgánica da Educación presta ao ensino de linguas estranxeiras a través de medidas como a iniciación temperá da aprendizaxe de idiomas na educación infantil, a súa xeneralización en primaria e a inclusión dun segundo de idioma na educación secundaria obrigatoria.
Neste sentido, estas novas axudas permitirán mellorar a formación inicial e permanente do profesorado, factor fundamental para garantir a calidade do ensino e a aprendizaxe de idiomas.
trátase dunha medida que responde, igualmente, ás recomendacións do Consello de Europa para acadar o obxectivo de que o conxunto do alumnado coñeza dúas linguas estranxeiras.

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles