Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Discurso

Rolda de prensa do ministro de Educación, Ángel Gabilondo, para analizar o Pacto político e social pola Educación

29 de decembro de 2009


Comprometinme con Vostedes a que antes de que acabase o ano comparecería para comunicarlles se o Pacto social e político pola Educación era viable ou non. Comenteílles que non era a miña intención ter á sociedade pendente desta cuestión, se non había posibilidades reais de chegar a acordos.

Hoxe, tras varios meses de reunións e conversacións con diversos sectores representativos da sociedade, constatamos que o Pacto ten viabilidade.

Estas reunións serviron tamén para constatar a súa necesidade. A sociedade española no seu conxunto reclámao e véno demandando con insistencia. Os nosos mozos e, en xeral, a cidadanía española consideran que debemos afrontar este reto buscando o que nos une e sabendo construír consensos.

A necesidade do Pacto é aínda máis evidente nestes momentos en que o noso país está afrontando a crise económica e pondo os cimentos para a súa recuperación a través dun novo modelo económico e produtivo. Nel, a educación terá un papel fundamental. A crise así mesmo ha evidenciado a necesidade doutros modelos sociais e de novos valores.

Neste sentido, o Pacto ten unha dobre finalidade. Por un lado, mellorar o sistema educativo e, por outro, a busca de ámbitos compartidos de actuación que garantan o equilibrio, a estabilidade, a cooperación e a coherencia do sistema a través dun marco común. Iso só será posible a través do acordo e do consenso, en que desenvolver competencias e posibilidades políticas, que teñen que buscar o acordo da comunidade educativa.

En atención a esta demanda social, o Presidente do Goberno fixome o encargo e o mandato de traballar para lograr este Pacto. Hoxe en día cabe afirmar que o Pacto é viable e é a nosa intención continuar traballando nas próximas semanas para acadar acordos con visión de Estado. É posible e temos que facero realidade.

Hai varias razóns por que puidemos comprobar a viabilidade de acadar o Pacto:

1.- En primeiro lugar, hai unha enorme demanda social que, non só reclama a necesidade de forxar estes acordos, senón que evidencia un gran apoio e unha esixencia aos responsables públicos para traballar por estes acordos. A sociedade espera que os responsables políticos esteamos á altura desa demanda: A educación acordada como mellor garantía de futuro da nosa sociedade.

2.- Como saben mantiven reunións con todos e cada un dos Conselleiros de Educación das Comunidades Autónomas e tamén celebramos reunións da Conferencia Sectorial de Educación, o Consello de Universidades e a Conferencia Xeral de Política Universitaria. En todas elas, os distintos responsables mostraron a súa dispoñibilidade e a súa vontade para chegar a acordos. E a súa confianza nesta posibilidade.


Na última reunión da Conferencia Xeral de Educación presentouse un documento de bases para un Pacto, co obxecto de que antes do día 15 de Xaneiro as Comunidades Autónomas poidan achegar propostas e medidas concretas que serán definidas como texto na próxima conferencia sectorial do 27 de Xaneiro.

3.- Así mesmo, nas conversacións cos distintos sectores da comunidade educativa, os sindicatos, os profesores, os representantes de pais e nais, así como os representantes dos alumnos, constatamos a vontade de traballar para concretar as medidas de mellora do noso sistema educativo, así como o apoio e a súa plena disposición para traballar e responder a este desafío de lograr un gran acordo.

4.- Tamén reunímosnos con cada un dos grupos políticos con representación parlamentaria, escoitamos os seus argumentos e recibimos as súas consideracións que resultan decisivas xa que representan a pluralidade e diversidade do conxunto da cidadanía española. Encontramos plena vontade de participar na consecución deste Pacto pola educación e plena conciencia da necesidade de lograro.

5.- Como Vdes. saben, vímosnos reunindo co Partido Popular, o primeiro grupo da oposición, un Partido con vontade de goberno e que representa un amplo espectro da sociedade española. Podo dicirlles que no Partido Popular non só encontrei vontade de traballo conxunto e dispoñibilidade para lograr acordos, senón que tamén confío plenamente no seu compromiso e nos seus dirixentes nesta tarefa de enorme importancia para o futuro do noso país. Imos proseguir nas próximas semanas definindo o marco e as accións concretas para un Pacto.

Por todo iso, considero que se dan as circunstancias propicias para seguir traballando e avanzando na consecución do Pacto social e político pola Educación e, desde logo, o Ministerio está disposto a traballar conxunta e intensamente para lograro. E podo asegurarlles que, neste sentido, o meu compromiso persoal é absoluto.

Traballamos conxuntamente para que dentro de dous meses esteamos en disposición de presentarlles un texto con contidos concretos sobre o Pacto. Teño que dicirlles que, en relación cos mesmos, observamos que existen puntos de aproximación en materia de estabilidade normativa, acordo de financiamento e Pacto polos educadores e a comunidade educativa.

O que necesitamos lograr é un Pacto con horizonte de xeracións e non simplemente de eleccións. Polo tanto, entenderán Vdes. que os tempos non poden vir marcados por simple interese electoral, e si polo interese social. Por iso, insisto, seguimos traballando para acadar estes acordos no menor tempo posible. Como solo dicir, aos poucos, pero inmediatamente.
 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles