Os ministros de Defensa e de Educación inauguran o Curso Académico 2010-2011 na Academia Xeral Militar
03 de setembro de 2010
- Os ministros de Defensa, Carme Chacón, e de Educación, Ángel Gabilondo, inaugurarán o luns 6 de setembro o Curso Académico 2010-2011 na Academia Xeral Militar de Zaragoza, o primeiro que se desenvolverá baixo o novo modelo de ensino militar para oficiais das Forzas Armadas.
- O novo modelo comprende, por unha parte, a formación militar e, por outra, a obtención dun título de grao universitario de Enxeñaría de Organización Industrial, con validez en todos os países do Espazo Europeo de Educación Superior conforme ao plan de Bologna. Ademais desta dobre titulación, os oficiais poderán cursar estudos de posgrao, masters e doutoramentos.
- Os ministros teñen previsto descubrir unha placa conmemorativa no novo Centro Universitario da Defensa, antes do acto inaugural do Curso Académico 2010-2011.
- Os medios interesados en asistir deberán acreditarse antes das 16:00 horas de hoxe venres (no correo electrónico acreditacion@comdef.es). Indicarase no mesmo: nome, apelidos, DNI ou pasaporte e medio para o que se traballa.
- As acreditacións recolleranse - previa identificación persoal - entre as 10:00 e as 10:30 horas, na Academia Xeral Militar.
- Día: Luns, 6 de setembro de 2010
- Hora: 10.00-10.30. Acreditación
11.00. Chegada dos ministros
11.30. Inauguración - Lugar: 11.30.Academia Xeral Militar de Zaragoza