Os ministerios de Educación e Sanidade e Política Social presentan un estudo sobre material escolar
30 de agosto de 2010
- A ministra de Sanidade e Política Social, Trinidad Jiménez, e a secretaria de Estado de Educación e Formación Profesional, Eva Almunia, presiden mañá 31 de agosto de 2010, ás 10 horas, a presentación dun estudo sobre material escolar realizado polo Instituto Nacional de Consumo
- Durante a presentación exporase unha mostra dos obxectos analizados – material de uso escolar - e realizarase unha demostración analítica
- Ao acto asistirán tamén o secretario xeral de Política Social e Consumo, Francisco Moza, e a directora xeral de Consumo, Etelvina Andreu
- Día: Martes, 31 de agosto de 2010
- Hora: 10:00 horas
- Lugar: Centro de Investigación e Control da Calidade
- Avenida de Cantabria, s/n
- Madrid