O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, inaugurará mañá martes, 27 de abril, ás horas 11.30 , o seminario "A Garantía de Calidade da Educación Superior" organizado pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).
No seminario, que se enmarca dentro dos actos organizados pola Presidencia española da Unión Europea, tamén intervirán o secretario xeral de Universidades, Márius Rubiralta, e o Director Xeral de Política Universitaria, Juan José Moreno.