Ángel Gabilondo inaugura a Conferencia Internacional “A Universidade emprendedora” e sinatura o convenio “Escola 2.0” con Galicia
18 de marzo de 2010
- O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, inaugura o vindeiro luns, 22 de marzo, ás 15 horas, a conferencia internacional "A Universidade Emprendedora: novos modelos" que ten lugar en Santiago de Compostela e que se enmarca nos actos relacionados coa Presidencia Española da Unión Europea
- Posteriormente, ás 18 horas e no Edificio Administrativo da Xunta, o ministro asinará o convenio de implantación do programa Escola 2.0 nesta comunidade autónoma
- Ángel Gabilondo tamén percorrerá as instalacións da Universidade de Santiago de Compostela, que obtivo a cualificación de Campus de Excelencia Internacional 2009 a través do proxecto "Campus Vida"
-
-
- PERCORRIDO POLO CAMPUS DA UNIVERSIDADE SANTIAGO DE COMPOSTELA
- Día: Luns, 22 de marzo de 2010
- Hora: 12:00
- Lugar: Universidade de Santiago de Compostela
- Campus Universitario
- Os medios gráficos poderán tomar imaxes
- INAUGURACIÓN DA CONFERENCIA "A UNIVERSIDADE EMPRENDEDORA"
- Día: Luns, 22 de marzo de 2010
- Hora: 15:00
- Lugar: Colexio de Fonseca
- Plaza de Fonseca s/n
- Santiago de Compostela
- SINATURA DO CONVENIO "ESCOLA 2.0"
- Día: Luns, 22 de marzo de 2010
- Hora: 18:00
- Lugar: Edificio Administrativo da Xunta
- C/ San Caetano s/n
- Santiago de Compostela
- Ao finalizar haberá declaracións