Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Actualidade

O secretario de Estado de Educación reuniuse xa cos sindicatos máis representativos da comunidade educativa

22 de decembro de 2010

 

O secretario de Estado de Educación, Mario Bedera, recibiu ao longo do mes de decembro aos secretarios xerais, presidentes e representantes dos principais sindicatos do sector educativo. Durante estes días mantivo encontros coas CCOO, FETE-UGT, CSI.F, ANPE, STEs, FSIE e USO.

Bedera quixo comezar por esta representación do profesorado para iniciar a súa rolda de contactos cos membros da comunidade educativa desde o convencemento de que o profesorado é a pedra angular do sistema. Nas próximas semanas está previstas que se reúne coas patronais do ensino e as asociacións de pais entre outros axentes da educación.

Durante estas reunións o secretario de Estado solicitou o seu apoio e colaboración para levar a cabo todas as accións previstas dentro do Plan de Acción 2010-2011 do Ministerio de Educación. Unhas medidas que contan cun gran consenso dentro da comunidade educativa e que os sindicatos entenderon como prioritarias. Entre elas, cómpre destacar o compromiso arredor da FP, a prevención e loita contra o fracaso e abandono escolar temperán, e o impulso ao plan de linguas.

Ademais, estas reunións serviron para que os representantes sindicais propuxesen as súas inquietudes, liñas de traballo e reivindicacións do sector educativo.

O secretario de Estado comprometeuse a valorar cada unha delas e activar os procesos de diálogo e negociación nos temas expostos. A intención do Ministerio é enmarcar este diálogo sobre as prioridades fixadas coa comunidade educativa nas mesas de traballo que xa están establecidas.

Fotogalería dos encontros

 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles