O secretario xeral de Universidades, Màrius Rubiralta, presidiu hoxe en Madrid a constitución da Comisión de Responsabilidade Social Universitaria.
A Responsabilidade Social Universitaria é un dos eixes de traballo da Estratexia Universidade 2015. O obxectivo é que no futuro todas as universidades teñan un proxecto de responsabilidade social aprobado polo Consello de Goberno e o Consello Social e que sexa difundido e coñecido no ámbito da súa comunidade educativa.