Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Actualidade

Aberta ata o 27 de decembro a convocatoria para profesores de español en EUA e o Canadá

20 de decembro de 2010

Este ano convócanse 200 prazas

 

O vindeiro 27 de decembro finaliza a convocatoria anual de prazas do Ministerio de Educación para traballar como profesor visitante de español en Estados Unidos e o Canadá. Está dirixida a licenciados e mestres españois con bo dominio do idioma inglés oral e escrito. Este ano convócanse 200 prazas.

Para os participantes neste programa, a experiencia ten o aliciente dunha práctica docente nun país cun medio cultural diferente, co que iso supón de desenvolvemento profesional e persoal, factores que sen dúbida incidirán na mellora do ensino nos centros españois a que se incorporen no futuro.

Os obxectivos desta convocatoria de axudas están inseridos en plans máis amplos do Ministerio de Educación encamiñada a favorecer de forma eficaz o ensino das linguas estranxeiras, e concrétanse no Plan Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras. Co devandito plan preténdese promover o plurilingüismo e colocar a competencia en linguas estranxeiras na situación de prioridade demandada pola sociedade española, en consonancia coa dos países do noso medio.

Doutra banda, a convocatoria de prazas para auxiliares de conversación española no exterior ten tamén o prazo aberto ata o vindeiro 3 de xaneiro.

Máis información:

 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles