O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, presidiu esta mañá a reunión do Padroado da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) na sede do Ministerio de Educación.
Durante a reunión levouse a cabo a reelección de Salvador Ordóñez, como reitor da Universidade.
Salvador Ordóñez estivo á fronte da institución académica durante os últimos catro anos.
Asistiron tamén a reunión o secretario xeral de Universidades, Màrius Rubiralta, e o director xeral de Política Universitaria e vicepresidente do Padroado, Juan José Moreno Navarro.