Ante o falecemento de María Jesús San Segundo
O Ministerio de Educación lamenta profundamente a perda dunha persoa que demostrou en todo momento o seu compromiso coa educación, tanto desde a súa tarefa docente na Universidade como na súa xestión como ministra. Foise unha muller chea de principios e valores que traballou con gran proximidade á comunidade educativa e que realizou unha importante contribución á mellora da lexislación actual sobre Educación en España.
Na imaxe, María Jesús San Segundo na súa etapa á fronte do Ministerio de Educación.