O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, reuniuse hoxe no Auditorio do Centro Social Caixa Nova con pais e profesores de colexios públicos e concertados de Vigo.
Previamente, o ministro de Educación visitou a capela de Francisco Fernández de Riego, falecido o pasado vés. Despois de asinar no libro de condolencias, Ángel Gabilondo manifestou o seu recoñecemento ao intelectual que "loitou e defendeu seriamente e con tanto rigor e amor a lingua e cultura de Galicia".