Escoite as palabras de Ángel Gabilondo
O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, clausurou o VII Encontro Estatal da CEAPA co título: "Escola 2.0. O reto das tecnoloxías da información e comunicación no sistema educativo" que tivo lugar no Parador de San Marcos en León.
Ao acto tamén asistiron Pedro Rascón, presidente de CEAPA, Mercedes Fernández, directora provincial de Educación, José Antonio Díez, en representación do Concello e Francisco Álvarez, subdelegado do Goberno.
Ángel Gabilondo avogou por facer dos fogares un "elemento clave e decisivo" na educación do alumnado.