Consello de Ministros
O Consello de Ministros, a proposta do ministro de Educación, Ángel Gabilondo, aprobou hoxe o Real decreto por que se establecen as bases para a concesión á Fundación Comillas dunha subvención por importe de 26 millóns de euros para o período 2011-2018 co obxecto de reforzar e dar estabilidade ao obxectivo estratéxico final do labor do Proxecto Comillas: situar o Centro Internacional de Estudios Superiores del Español como referente público e internacional.
O Goberno financia así un proxecto destinado a impulsar actividades académicas, culturais, sociais e formativas que contribúen a desenvolver unha comunidade de creación de coñecemento en español e a promover a formación e a investigación da lingua e a cultura hispánica.
A distribución temporal desta subvención está prevista nos seguintes termos:
Desde o ano 2005 ata 2009 o Ministerio de Educación destinou unha cantidade de 10,5 millóns de euros a financiar o "Proxecto Comillas". Durante 2010 o investimento será de 2 millóns, o que supón un investimento total de 38,5 millóns durante o período 2005-2018.
As partidas iniciais serviron para a posta en marcha do Centro Internacional de Estudios Superiores del Español como centro de referencia para a investigación e difusión da lingua e da cultura española mediante un proxecto cultural de prestixio e calidade. Así mesmo, permitiu a recuperación do edificio do Seminario Maior da antiga Universidade Pontificia de Comillas e o seu medio para situar nel un Campus de Excelencia con fins educativas, culturais e de investigación.
O procedemento para a concesión da subvención completarase coa sinatura dun convenio entre a Fundación Comillas e o Ministerio de Educación, en que quedará contemplado o compromiso de gasto plurianual que hoxe se estableceu.
O impulso do Proxecto Comillas enmárcase dentro do compromiso que o Ministerio de Educación ten co apoio e a difusión da lingua e da cultura española en todo o mundo, e que ten como máximo expoñente o respaldo á extensa rede de centros educativos que hai no exterior.