Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Actualidade

A Comisión Internacional da Estratexia Universidade 2015 mantén o seu primeiro encontro en Madrid

23 de novembro de 2010

Ver imaxe en alta resolución. .

O secretario xeral de Universidades, Màrius Rubiralta, recibiu hoxe os membros da Comisión Internacional da Estratexia Universidade 2015, que manterán o seu primeiro encontro entre o 23 e o 24 de novembro en Madrid.

A Comisión Internacional da Estratexia Universidade 2015 está formada por 5 expertos de recoñecido prestixio dados a coñecer polo Ministerio de Educación o pasado mes de setembro. A súa misión é facilitar unha avaliación externa, independente e autorizada dos eixes e accións estratéxicas emprendidas para modernizar as universidades españolas. O presidente da Comisión é Rolf Tarrach, catedrático de Física Teórica da Universidade de Barcelona e ex presidente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles