O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, reuniuse hoxe coa directiva do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) na cidade de Ceuta, encabezada polo seu secretario xeral, José Antonio Carracao.
Gabilondo lembrou que se fai política para os cidadáns e que os partidos son importantes: "Sen partido non hai Goberno e hai que transmitir aos cidadáns que son para quen traballamos en realidade". Carracao, pola súa banda, finalizou o seu discurso coas palabras: "Aquí tes a túa casa".