Escoite a intervención do ministro
O Ministro de Educación, Ángel Gabilondo, presidiu esta mañá unha Conferencia Sectorial de Educación centrada na presentación ás Comunidades Autónomas dos 17 programas de cooperación territorial que configuran o Plan de Acción 2010-2011 en materia educativa.
Este Plan de Acción ten cinco bloques de actuación, de que o Ministro destacou os relativos a aprendizaxe de linguas estranxeiras, Formación Profesional e mellora do rendemento escolar do alumnado (con medidas para reducir o abandono escolar).
O Ministerio de Educación presentará nas próximas semanas un Plan Global de Impulso de Coñecemento de Idiomas dotados cuns 120 millóns de euros e que inclúe accións como o impulso a programas de inmersión lingüistica ou a ampliación do programa Comenius para fomentar as estancias formativas no estranxeiro de estudantes de Secundaria. Tamén destacou que se realizará un mapa da Formación Profesional en España para coñecer as necesidades neste ámbito.
Rolda de prensa do Ministro de Educación 
Programas de Cooperación Territorial do Plan de Acción