Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Actualidade

Màrius Rubiralta participa en Italia nun foro sobre o Proceso de Bologna

15 de setembro de 2010

O secretario xeral de Universidades, Màrius Rubiralta, interveu esta tarde na xornada "Bologna 2010. O Espazo Europeo de Educación Superior: propostas para o futuro". O evento foi organizado na cidade italiana de Bologna polo Observatorio da Carta Magna, unha organización sen ánimo de lucro dedicado a preservar os valores e dereitos fundamentais da universidade en Europa.

A mesa de debate en que interveu Màrius Rubiralta centrouse nas institucións nacionais e rexionais como actores necesarios para éxito do Proceso de Bologna. Xunto ao secretario xeral de Universidades participaron no debate representantes educativos procedentes de varios parlamentos e gobernos europeos.

 

 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles