Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Actualidade

O ministro de Educación entrega a Gran Cruz da Orde de Afonso X o Sabio a José Antonio Labordeta

06 de setembro de 2010

Tras o acordo do Consello de Ministros do pasado 23 de xullo

Ver imaxe en alta resolución. .

O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, fixo hoxe entrega da Gran Cruz da Orde Civil de Afonso X o Sabio a José Antonio Labordeta tal e como acordou o Goberno durante o Consello de Ministros do pasado 23 de xullo como recoñecemento da súa ampla traxectoria e os seus méritos profesionais en diferentes ámbitos da educación e a cultura.

José Antonio Labordeta naceu en 1935 en Zaragoza e conta cunha longa carreira en multitude de ámbitos tendo en conta que este profesor de Instituto foi catedrático, poeta, político, cantautor, escritor e presentador de programas de televisión. É un dos principais referentes da cultura aragonesa.

Durante a entrega tamén estiveron presentes a ministra de Defensa, Carme Chacón, a secretaria de Estado de Educación e Formación Profesional, Eva Almunia, e o presidente de Aragón, Marcelino Iglesias.

A concesión deste galardón realizouse en Zaragoza durante un acto privado.
 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles