Lea ou escoite a intervención do ministro de Educación
O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, foi investido hoxe co grao de Doutor Honoris Causa pola Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM). Xunto a el, outras 15 personalidades do mundo da ciencia, as letras, a academia e as artes tamén foron condecorados con este galardón. Entre eles, destacan personalidades como o escritor peruano Mario Vargas Llosa, ou o lingüísta estadounidense Noam Chomsky.
Durante a cerimonia, que se enmarca dentro dos actos de celebración dos 100 anos da fundación da UNAM, o ministro español foi o encargado de pór voz aos galardoados estranxeiros, mentres que a antropóloga mexicana Linda Manzanilla foi a responsable de facero en nome dos mexicanos.
Lea a intervención en castelán