Escoite a intervención
O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, visitou a nova sede do Ateneo español en México. Este foi fundado en 1949 coa finalidade de ser o fogar para a cultura española no exilio. Na actualidade conta cun importante arquivo de documentos, prensa, fotografías e material audiovisual que recolle toda a súa historia.
Durante o acto tamén estiveron presentes a presidenta da mesa diectiva do Ateneo español en México, Carmen Tagüeña, o embaixador español en México, Manuel Alabart, e o reitor da UNED, Juan A. Gimeno.