Ministerio de Educaci??n, Cultura e Deporte - Goberno de Espa??a

Actualidade

Marius Rubiralta preside a inauguraci??n da segunda quenda dos Campus Cient??ficos de verán en Barcelona

19 de xullo de 2010

Ver imaxe en alta resoluci??n. .

O secretario xeral de Universidades, Márius Rubiralta, presidiu na Universidade de Barcelona a inauguración a segunda quenda dos campus científicos de verán que organizan conxuntamente a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, que depende do Ministerio de Ciencia e Innovación, e o Ministerio de Educación.

Rubiralta destacou a importancia deste proxecto como medio para fomentar as vocacións científicas dos estudantes, ademais de para profundar no coñecemento da ciencia, coñecer o ámbito universitario e as súas instalacións, incrementar os intercambios entre estudantes das diferentes comunidades do Estado e, sobre todo, apoiar a permanencia dos estudantes no primeiro ano dos estudos de Grao destas titulacións. "Esta é unha oportunidade non só de aprender ciencia, senón tamén de gozar da ciencia ", engadiu.

Ao acto de inauguración tamén asistiron a directora xeral de Formación e Orientación Universitaria, Mercedes Chacón, e a directora xeral da Fundación Española a para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), Lourdes Arana.

Nesta segunda fase deste proxecto un total de 150 alumnos de 4º da ESO participarán ata o 31 de xullo en varios proxectos de achegamento científico de todas as áreas de coñecemento: física, química, matemáticas, ciencias naturais e medioambientais e disciplinas asociadas.

Durante a primeira quenda que tivo lugar do 4 ao 17 de xullo participaron outros 150 alumnos, aínda que nesta ocasión de 1º de Bacharelato. En total máis de 300 estudantes desenvolveron e desenvolverán o seu labor en departamentos de investigación de seis Campus de Excelencia Internacional situada nas Comunidades Autónomas de Andalucía, Asturias, Cantabria, Cataluña, Galicia e Madrid.

© Ministerio de Educaci??n, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é v??lido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é v??lido Selo de Inspecci??n de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles