O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, presidiu onte no Palacio de Benacazón, en Toledo, a entrega do I Premio "Lorenzo Luzuriaga" de las Letras á escritora Ana María Matute, outorgado pola Federación de Traballadores do Ensino (FETE-UGT).
Durante o seu discurso, Gabilondo referiuse á importancia da educación, cuxa base é a aprendizaxe da fala, a lectura e a escritura pero que é un proceso que non se detén nunca e continúa de por vida. Tamén afirmou que unha das súas palabras preferidas é a de acordo: "O que hai que facer é sumar vontades, porque amamos este país, porque amamos a educación, e porque cremos que hai un camiño só posible coa implicación de toda a comunidade educativa".
Escoite as palabras do ministro Ángel Gabilondo 