Asinan un convenio de colaboración
O secretario xeral de Universidades do Ministerio de Educación, Màrius Rubiralta, e o Presidente da Fundación Vodafone España, José Luis Ripoll, asinaron un convenio para colaborar no desenvolvemento de novas tecnoloxías para a accesibilidade universal e inclusión social dos discapacitados dentro do programa Campus de Excelencia Internacional (CEI).
A Fundación Vodafone España asesorará o Ministerio naquelas materias en que as Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) poidan facilitar a accesibilidade (tanto física coma virtual) das persoas con discapacidade aos medios universitarios, mellorando así as súas condicións de vida e contribuíndo á transferencia de tecnoloxía. Tamén se realizarán estudos para aumentar o coñecemento sobre as aplicacións do sector das telecomunicacións na accesibilidade universal.
A Fundación Vodafone, en colaboración coa Fundación ONCE, poderá seleccionar ademais un número reducido de proxectos de agregamento entre os presentados á convocatoria 2010 do Programa CEI para apoiarlles mediante unha titoría tecnolóxica que lles permita utilizar a metodoloxía desenvolvida no seo da Fundación Vodafone no ámbito da accesibilidade.